Veño a falar sobre Domingo Villar, porque recentemente, a literatura galega e toda Galicia, sufriu a súa perda, debido a un infarto cerebral.
Na actualidade era un dos máis grandes escritores galegos, coñecido no mundo grazas ás súas grandes novelas negras, as cales nos marabillaban e nos daban esa intriga do que ía pasar en cada momento.
Co seu gran Leo Caldas, que exerce de inspector de policía en Vigo e que tamén é locutor nun programa de radio. Con esa personalidade reflexiva, que fai que, cada caso para el sexa un puzzle que pouco a pouco hai que resolver.
É un escritor moi leído en unha boa cantidade de países angloxasóns e nórdicos, que teñen unha grande afición pola lectura de novelas negras/ policiacas.
Dende a súa morte estanse oficiando unha serie de homenaxes a el e á súa obra, nas que se adican a ler fragmentos das súas obras. Por exemplo, o martes 13 de Xuño, ás oito da tarde, haberá en Santiago de Compostela unha destas homenaxes, onde se estarán durante unhas horas lendo a súa obra.