Este libro conta a aventura que teñen dous rapaces chamados Marga e Afonso que intentan descubrir o que parece un suicidio do seu profesor de literatura chamado Mon.
O que máis me gustou deste libro é o decidida que é Marga para enfrontar os problemas que teñen e conseguir solucionalos. Tamén me gustou bastante que dende o principio da historia intriga saber que é o que segue despois, como por exemplo: intentaría suicidarse realmente Mon ou sería intencionado? Por que motivo Marga e mais súa nai non tiñan unha boa relación? Que relación tiñan Mon e Elías? O mellor é que despois todo se aclara.