O pasado mércores, con motivo do Día do Libro, cos alumnos de 4º da ESO visitamos un par de exposicións. Fomos camiñando ata a Igrexa da Universidade e alí desfrutamos da exposición Afonso X e Galicia, na que puidemos comprobar a intensa relación do monarca coa cultura galega. Entre outros moitos materiais, tivemos ocasión de contemplar a edición facsimilar e a transcrición do Códice de Toledo das Cantigas de Santa María.
Despois, na mesma zona vella, asistimos no Pazo de Fonseca á exposición Dona Emilia e Compostela, co gallo do centenario da morte de Emilia Pardo Bazán. Esta mostra afonda na estreita relación entre a escritora e a cidade e as múltiples pegadas que podemos atopar na súa obra.
Unha xornada ben agradable de paseo e cultura.