Recomendo a lectura deste pequeno libro, A utilidade do inútil, obra de Nuccio Ordine, filósofo, educador e humanista italiano recentemente falecido e ao que se recoñeceu co premio Princesa de Asturias de Comunicación e Humanidades 2023. A modo de manifesto, na Utilidade do inútil o autor “repasa as opinións de filósofos e escritores sobre a importancia de seguir tutelando en escolas e universidades ese afán de saber e de indagar sen obxectivo inmediato práctico no que tradicionalmente se baseou a dignitas hominis”. Un documento que resalta a importancia das humanidades, cheo dunha erudita e á vez amena exposición do valor, a importancia do saber e o coñecemento e como estes enriquecen ao ser humano. “Só o saber pode desafiar unha vez máis as leis do mercado. Eu podo poñer en común cos outros os meus coñecementos sen empobrecerme (…) dando vida a un proceso virtuoso no que se enriquece, ao mesmo tempo, quen dá e quen recibe”.
Tino Fuentes