Dende o pasado día 20 de abril, nas aulas de lingua galega e literatura vimos desenvolvendo a actividade titulada O POEMA DO DÍA. A xeito de menú poético, os alumnos dos distintos niveis van servindo un poema diario de Xela Arias, poeta homenaxeada coas Letras Galegas deste ano.
A través deses poemas, na aula analizamos as características comúns á poesía duns anos, os 80 e 90, que trouxeron á literatura novas temáticas e formas de expresión. Remataremos o día 12 de maio cun recital poético- musical, similar aos que abundaban naqueles anos.
Bo proveito!