FLORENCIO DELGADO. Referencias literarias

Os alumnos de 1º de bacharelato repasamos algúns temas de literatura vistos ao longo do curso a partir deste poema de Florencio Delgado:

Os Gaiteiros de Montgomery

Gaiteiros de Montgomery, irmáns na raza anterga:
Un ensoño saudoso de verdes e de névoas
-druidicas lembranzas, follosas carballeiras-
ao deserto, adugades, de queimantes areias

Netos d’El-Rei Artur o da baruda leenda,
o da táboa redonda, de tradición enfesta,
en tempo de alborada, con áres de muiñeira,
o Atlántico levades á enxoita motira terra.
O Atlántico alteiroso de frondentes ribeiras
-berce a arrolar outrora razas circias e rexas;
alcouve de guerreiros de alma sempre ergueita-
que Breogán, noso pai, coas súas proas fendera.

Dos salseiros e vagas, das bruantes tormentas,
dos carreiros de escuma que á América avencellan
e inquedos verdes agros, lecer para as sereias,
solar ande percuran a Atlántida as estrelas.

O Atlántico levades e co el, ás irtas terras
de historia carregadas que o mar crásico berza,
de vida ceibe e nobre unha baril promesa
e a semente espallades da liberdade esgrevia.

Saúdo de agarimo pra vós, gaiteiros celtas,
homes lanzáis e fortes de louras cabeleiras,
oasis de saudade na Canago deserta:
¡Gaiteiros de Montgomery, irmáns na raza anterga!

Traballamos neste poema a Materia de Bretaña (estudada na prosa medieval) , celtismo (estudado no Rexurdimento) ou o mito da Atlántida.

                         

Deixa unha resposta