Este sábado 30 de xaneiro celebrouse o Día da Ilustración, que como é habitual coincide co aniversario do nacemento de Castelao. Dende hai anos o evento, organizado pola Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI) e a Consellería de Cultura, homenaxea a un ilustrador histórico galego para recordar e reivindicar o papel dos profesionais da ilustración na industria cultural. Nesta ocasión a escollida foi Lolita Díaz Baliño, pintora e profesora que se converteu na primeira muller membro da Real Academia Galega de Belas Artes.
No seguinte enlace do xornal dixital praza podedes desfrutar dunha serie de ilustracións da autora: https://praza.gal/ducias/ilustracions-ao-redor-de-lolita-diaz-balino