Como pasa tantas veces , da lectura dunha historia saen outras, outros temas que tratar. Entre as actividades programadas no Mes das letras incluímos unha charla cun membro do consello de redacción da revista Encrucillada, aquela da que formara parte o protagonista da historia de solidariedade con Seoane. Marisa Vidal, Marisa de Corme, veunos falar da historia desta revista que cumpre 40 anos e que, dunha maneira rigorosa e sempre en galego, analiza a realidade galega en todos os eidos (literatura, filosofía, historia, teoloxía…) desde un punto de vista cristián.