María machado. “O Método Villalta”: Lisístrata

 

No proxecto de Grecia e Romana fixemos unha actividade na que tíñamos que relacionar literatura e música. No meu caso,a Lisístrata, un personaxe dunha obra teatral de Aristófanes, coa música de Fillas de Cassandra.

As mulleres, baixo a dirección de Lisístrata, cansadas de verse abandonadas polos seus maridos a causa da guerra, deciden intervir e lograr a paz elas mesmas. Despóis de todo iso, ela volveuse un símbolo de esforzo e interés a favor da paz.

É por iso que se usou o seu nome para o Lisístrata Projec , un acto teatral feito de maneira simultánea en máis de 42 países a favor do que ela intentou facer, a paz.

Tamén fixemos unha actividade de máscaras do teatro grego, xa que na antiga Grecia os actores levaban máscaras por varias razóns: 

  • Non había actrices pero nas representacións si que incluían mulleres. Cas máscaras distinguían mellor o xénero dos personaxes.
  • Usaban a boca das máscaras como altavoces xa que facían as obras no exterior.

O grupo musical As Fillas de Casandra, fixeron unha canción sobre este personaxe.

Na canción puidemos ver un montón de cousas que teñen que ver a música e a poesía, por exemplo, as dúas cousas teñen ritmo.

https://www.youtube.com/watch?v=_j_AOT75W_8

Deixa unha resposta