A finais de febreiro celebramos a Semana Cultural de San Rosendo. Este ano dedicouse a Jules Verne que era un gran escritor visionario de ciencia ficción e de novelas de aventuras.
As actividades relacionas con el foron:
– unha conferencia que deu un membro da asociación Jules Verne de Vigo que nos explicou a sua relación con Vigo, as visitas que fixo a cidade , o submarinismo que fixo na ria e que apareceu na novela de Vinte mil leguas de viaxe submarina cun dos seus inventos visionarios chamado submarino/Nautilus .
– Excursion á illa de San Simón onde nos explicaron que esa illa foi na época do franquismo un cárcere e antes diso un hospital de leprosos onde paraban os barcos antes de entrar no porto de Vigo para evitar enfermidades.