1984

Unha das mellores obras de ciencia ficción e ao mesmo tempo tan actual. Luís cóntanos de qué vai.

2 pensamentos sobre “1984”

  1. George Orwell escribiu a mediados do século XX este libro ubicado no ano 1984 en diante. O protagonista vive nun mundo divido por tres superpotencias sempre en guerra continua na cal vanse cambiando continuamente os aliados e adversarios. Este traballa nun ministerio e durante a obra pódese observar como vaise dando conta que continuamente cambian a historia a favor do pais borrando todos os documentos que proben o contrario. A sociedade está extremamente vixiada e controlada pola cara visible do Gran Hermano. A policia do pensamento captura o protagonista cando este únese a un grupo rebelde en contra do sistema.

  2. Un libro moi interesante e asemade moi inquietante. O que máis me chama a atención é a descrición do poder omnímodo estatal ou do líder tal que, a través do Partido, muda a realidade e maila verdade conforme lle conveña ou desexe, ben sexa a historia pasada, ben as mesmas matemáticas: dúas máis dúas poden ser cinco, se o di o Partido. Chega a escribir Winston: “Liberdade é a liberdade de dicir que dúas máis dúas fan catro”.

    Graciñas pola recomendación deste libro.

Deixa unha resposta