Ao redor da inmigración II

Celso Emilio Ferreiro publicou no 1962 unha obra que denunciaba a situación dos emigrantes forzados a emigrar, por motivos alleos a súa vontade.

O poema fala sobre a xente que podes encontrar no camiño, que aínda sexan de diferentes razas todos pasan polo mesmo, e poden encontrar xente coa que teñan cousas en común.

Irmáus
Camiñan ao meu rente moitos homes.
Non os coñezo. Sonme estranos.
Pero tí, que te alcontras alá lonxe,
máis alá dos desertos e dos lagos,
máis alá das sabanas e das illas,
coma un irmáu che falo.

Si é túa a miña noite,
si choran os meus ollos o teu pranto,
si os nosos berros son igoales,
coma un irmáu che falo.
Anque as nosas palabras sean distintas,
e tí negro i eu branco,
si temos semellantes as feridas,
coma un irmáu che falo.

Por enriba de tódalas fronteiras,
por enriba de muros e valados,
si os nosos soños son igoales,
coma un irmáu che falo.

Común temos a patria,
común a loita, ambos.
A miña mau che dou,
coma un irmáu che falo.

Longa noite de pedra 1962.

Deixa unha resposta