O pasado mes de novembro celebramos o XI Mes da Ciencia en galego, organizado pola Institución Galega da Ciencia. Paradoxicamente, dada a situación que estamos a vivir, o pasado 2020 foi declarado Ano Internacional da Saúde e decidimos traballar un pouco este tema desde as clases de lingua. Os alumnos de 3º da ESO leron neste primeiro trimestre Os nenos da varíola de María Solar, no que se narra a historia da expedición que levou a América a vacina contra a varíola. A relación coa situación actual é evidente, o que non contabamos é que algúns dos personaxes da novela estivesen aínda hoxe tan presentes, dando nome a múltiples realidades. A continuación os alumnos dan conta deses descubrimentos.